Para acabar a parte de Xeografía deste
curso decidimos achegarnos ao emprendemento e utilizar a creatividade e o
traballo en equipo para inventar unha idea de negocio e aprender a asumir as
decisións e os riscos que leva consigo ser autónomo.
A proposta era buscar algo orixinal e
facelo realidade alugando ou mercando un local real que buscamos por internet
para despois reformalo e acondicionalo con todo o que necesitaría a nosa
empresa ficticia. Nós deseñamos o plano, mercamos mobles e maquinaria en
distintas tendas “on line” e incluso puxemos anuncios no xornal co perfil
solicitado para os nosos empregados. Neste caso, con risco 0, o diñeiro era o
de menos.
Saíron grandes cousas que vos podemos deixar aquí como idea para alguén que estea pensando en invertir no noso pobo. Témolas por duplicado: unha librería-cafetería de estilo vintage e outra futurista, dous ximnasios e unha pizzería na que xogas á consola mentres agardas a comida.
Quen sabe se podemos axudar! Estaremos aquí para contarvos detalles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario