lunes, 20 de noviembre de 2017

O NOSO CANCIONEIRO MEDIEVAL

Os alumnos de 3º de ESO acaban de rematar un fermoso proxecto sobre Literatura do Medievo, e para demostrar o que aprenderon compuxeron un cancioneiro .

O noso cancioneiro só contén Cantigas de Amigo e Cantigas de Amor, para chegar a saber facelas os rapaces tiveron que aprender e traballar moito.
En primeiro lugar empapáronse de medievo a través dunha reportaxe emitida pola TVG e que rescatamos da hemeroteca.
Logo de aprender que eran as devanditas cantigas, mostraron en que se parecían e en que se diferenciaban para telo claro á hora de compoñer, sobre todo cos simbolismos , as métricas, as formas como o dobre, mordobre, finda, leixaprén......
baixaron as musas para axudalos a escribir e logo viron un titorial de como facer caligrafía e papiros medievais.
Levoulles algún tempo, pero o resultado foi espectacular.
O produto final non o imos ensinar aquí pois falta maquetalo pero intentaremos facer un libro dixital con el para que todo o mundo o poida ver.

Aquí quedan algunas imaxes do proceso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario